lunes, 31 de diciembre de 2012

Concurso postais de Nadal

Os días antes das vacacións de Nadal, os nenos e nenas de primaria estivemos facendo unhas postais para participar nun concurso promovido dende a clase de Educación Física coa axuda dos titores de 1º, 2º e 4º. Dito concurso era feito polo equipo de Baloncesto Blusens Monbus Obradoiro de Santiago de Compostela. Fixemos uns debuxos moi bonitos, mais non gañamos. Iso sí, quedamos segundos en número de debuxos presentados por un cole!

Tódolos debuxos foron expostos este sábado (xa que había un partido) e seguramente tamén estarán expostos este domingo (tamén hai partido).

Así están expostos, no chan. Podíase pasar sobre eles, xa que están protexidos.

E velaiquí a nosa mostra de debuxos:








sábado, 22 de diciembre de 2012

Felicitación de Nadal



 
     Os profesores/as
                 desexámoslles unhas felices festas
                               e un bo ano novo.


viernes, 21 de diciembre de 2012

Agardando o Nadal



O derradeiro día antes das vacacións de Nadal foi moi especial.
Os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria tivemos moitas sorpresas e pasámolo moi ben.


Primeiro fumos ver unha película: Brave. E encantounos. Así de atentos estivemos:



Logo tomamos un chocolate quentiño feito con moito agarimo polas nosas cociñeiras do comedor, acompañado dunha saborosa rosca.



Despois dun tempiño de lecer no patio, fumos ao salón de actos onde nos atopamos cunha visita moi especial: Os Reis Magos de Oriente. Pero non foi esa toda a sorpresa, xa que estaban a grabar as cámaras da TVG.

Esperando a chegada dos Reis






Saímos na tele!!!


Se queredes ver o post da Revista onde saímos pincha aquí. É a partires do minuto 35:35





E por fin chegaron os tres Reis Magos.







Coas cartas nas mans estivemos moi atentos ás palabras das súas maxestades.





















Por fin, puidemos falar con eles e entregarlles as cartas coas nosas peticións:


Laura

Mateo


Javier


Sofiane

Carla

Xián
 
Hugo

Pablo

María
  
Ana

Raúl


Nico

Celia

María

Noelia

Pablo


Paula
  
Rodrigo

Miguel


Yago

Nerea


Samuel

E aínda que Álvaro non estaba, seguro que os Reis Magos conseguiron facerse coa súa carta.






Ademais nos deron caramelos e piruletas.
Adeus, o día 5 de xaneiro vos agardaremos!!!




Por último, xa na aula, os nenos e nenas de 1º e 2º de ESO nos contaron uns relatos feitos por eles mesmos.


Escoitamos con moita atención


Só queda dicir que foi un día estupendo.
FELICES FESTAS!

jueves, 20 de diciembre de 2012

Samaín


Unha semana de medo !!

Como en anos anteriores a maxia do SAMAÍN ( festa de orixe celta que se celebra a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro )  chegou ao noso centro.
 
Así estaba o pasillo do colexio, cheo de cabazas decoradas polos nosos alumnos/as e as súas familias e de debuxos e outros adornos terroríficos.
 
 
 
 
 
Todos os participantes foron agasallados como recoñecemento ao seu traballo, esforzo e creatividade.
 
 
Noraboa a todos e a todas !
 
                               
 
 
       
 
    
 
 

miércoles, 19 de diciembre de 2012

A historia de Brancaflor

O venres día 14 de decembro tivemos a visita dun integrante do grupo "Os sete magníficos máis un" e encantounos co seu máxico relato de Brancaflor.
Pasamos unha hora moi entretida.
Foi un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos. A través da maxia e do clown coñecimos a lenda de Brancaflor: Xoán  intentará resolver a través de rutinas máxicas e da nosa cooperación todos os impedimentos e probas que se lle presentan a el e a Brancaflor durante a trama da historia.
Temos aquí algúns exemplos da nosa colaboración e do entretidos que estivemos co relato