martes, 5 de agosto de 2014

Festa fin de curso


Xa chegamos ao último día do curso e con el á festa de fin de curso, que os nenos e nenas prepararon con moito agarimo.


As presentadoras do evento foron Zaira e Alba


Interpretación do conto "A que sabe a Lúa " por parte dos nenos de Infantil 3 anos


 


 Actuación dos nenos de infantil 4 anos
 

Estes son os rapaces do primeiro ciclo interpretando un poupurri das cancións dos pallasos da tele

 
 
Seguimos cos  rapaces de 4º
 


 Estes son os nenos de 5º que nos interpretaron unha versión moi orixinal da Saia da Carolina                       


Rematamos estas maravillosas actuacións cos rapaces de 4º



Agora a recuperar forzas cunha boa merenda!





Para o próximo ano máis e mellor . Boas vacacións!






domingo, 29 de junio de 2014

Saída fin de curso

Cun pouco de atraso deixámosvos unhas imaxes da saída de fin de curso

Aquí estamos na primeira parada, nas incribles Fervenzas do Ézaro






Das Fervenzas marchamonos a dar un paseo por Laxe ata o mirador.



Vamos a recuperar forzas para a tarde



Xa repostos parque e praia









Con pena pero toca recoller e voltar ao cole!


Ata a próxima!

viernes, 27 de junio de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA


A continuación deixámosvos uns enlaces nos que aparecen os power point presentados:

https://www.slideshare.net/equipobiblio/a-nutricion" www.slideshare.net/slideshow/embed_code/36322624" https://www.slideshare.net/equipobiblio/os-alimentos-36322624"

Ata o próximo curso.
Boas vacacións.

martes, 17 de junio de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

Nesta sesión eleximos un alimento: o tomate e investigamos sobre el a partir de dous libros da biblioteca dos que sabíamos as etiquetas:
Una cocina tan grande como el mundo.
De la maceta a la cazuela.
Como son?  como cultivalos? cando? onde?...
Tamén nos enteramos de algo que non sabíamos que é que ata o S.XIX o tomate  considerábase unha froita para que a xente non tivera que pagar impostos ao comprala.
As fichas utilizadas foron as seguintes:





Finalmente preparamos unha canción:






Os nenos/as co tomate que ilustrou a canción:











viernes, 13 de junio de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

COMECOCOS COMESÁN   3º DE PRIMARIA 2014

Benvidos , equipo de pequenos investigadores , ao noso concurso Comecocos Comesán 2014.
Levamos xa tempo traballando e aprendendo moito sobre a nosa alimentación e tamén sobre como funciona e se organiza a nosa biblioteca, 
Agora toca demostrar o aprendido neste pequeno concurso no que poremos a proba os vosos coñecementos e tamén o voso manexo para localizar libros e información. 
Cada caderno consta de 9 preguntas que debedes responder buscando as respostas nos libros que vos indicamos coa súa etiqueta. Non é necesario que as respondades en orde. Se o libro que precisas está ocupado, continúa coa seguinte e logo volves a por el. Se tes algunha dúbida pregunta as profes, sen nervios nin presas.
Non se trata de correr, nin de enfadarse, isto non é unha competición senón un xogo  no que deberedes traballar en equipo para resolver xuntos os enigmas que vos propoñemos.

Esta é a portada do caderno:


Estades preparados?

                  IMOS ALÓ!!!











A experiencia foi moi positiva e entretida.

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

Le o que comes . Con este lema referímonos á información que nos dan as etiquetas dos alimentos, xa que estas son como o carné de identidade dos alimentos,  permítennos coñecer as características do producto: como se chama, cal é a súa composición, canto pode durar, canto pesa, quen responde por el, como se pode preparar...
Para cubrir a ficha correspondente a esta actividade axudámonos de tres libros da biblioteca, aos que localizamos facilmente coa axuda das etiquetas.


INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

Nesta sesión  a tarefa era interpretar unha táboa onde se mostra a reparticion da enerxía dos alimentos que se deben tomar durante todo o día.


Como xa levábamos traballando un tempo este tema non nos costou demasiado interpretala.