A FUNCIÓN DE RELACIÓN EN POWER POINT.
Unha vez que case rematamos os murais da nutrición, pensamos que sería interesante cambiar a forma de tratar a seguinte función , desta forma traballaríamos con mais recursos e faríamos algo distinto.
Finalmente decidimos facer unha presentación en Power Point. Cada recreo os nenos/as agrupados en parellas que eles mesmos escollen fan unha diapositiva.
A verdade é que é unha actividade que lles gusta bastante e para a que teñen bastante facilidade.
Cando o teñamos rematado publicarémolo no blog, mentras tanto imos poñer unhas fotos representativas.