lunes, 10 de febrero de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA


Ola, somos Nerea, Álvaro, Celia, Noelia, Miguel, Ana, Paula, Pablo e Javier. Todos xuntos formamos a clase de 3º de primaria e dende hoxe ata final de curso imos traballar o tema dos alimentos e da alimentación saudable.
Ao longo do día realizamos moitas actividades: corremos, saltamos, respiramos... polo que gastamos moita enerxía.  Neste proxecto en primeiro lugar  imos tratar de descubrir quen nos proporciona esta enerxía  e de que partes se compoñen os alimentos  para pasar despois a tratar a  alimentación saudable. Para a realización do proxecto imos utilizar todo o material que nos pode ofrecer a biblioteca do noso centro: libros, atlas, enciclopedias, diccionarios. películas...
Nas seguintes sesións ímosvos ir informando dos nosos progresos.