miércoles, 20 de marzo de 2013

Amenaza de nivel laranxa por fortes ventos para o 21 de marzo de 2013.

Ante o forte vento , a Comisión escolar de alertas acordou suspender as actividades no exterior do centro escolar .
Un día por neve, outro día por vento. Pois sí que tivemos ollo para escoller os días!
En fin, conseguiremos atopar o adecuado ... malo será!!

Traballando na obra

Que se abra o telón!!!
Xa fai tempo que temos elexidas as personaxes e a historia da obra. 
Agora a traballar no texto teatral.
 Para iso nos informamos das partes dunha obra de teatro e as características. 
Así que todo listo: mans a obra!!!

As fadas están a facer os seus diálogos e acotacións da presentación, ao mesmo que as elfas e un ser chamado Gollum.
Os demais están comezando co atrezzo: facendo un libro moi importante na historia. 

Velaquí os nenos/as nunha sesión de traballo:







sábado, 16 de marzo de 2013

Función de nutrición : análisis e redacción.


Continuamos traballando na función de nutrición. Rematada a 1º fase de recollida  de información , empezamos a analízala, vinculándoa co que xa sabíamos, a redactar e a confeccionar murais explicativos.
Esta semana empezamos a elaborar o do aparato dixestivo:



















En relación co libro de receitas tamén estamos avanzando. Os nenos/as estuveron pasando as receitas co ordenador e despois decoraronas un pouco. Aínda nos falta , pero, pouquiño a pouquiño ándase o camiño.





















Mirade como están quedando. Teñen boa pinta verdade?





miércoles, 13 de marzo de 2013

Chegou a neve, saída aprazada


Debido ao mal tempo co que nos levantamos hoxe e polo tanto ao  mal estado das estradas decidimos aprazar a saída á Coruña ata o vindeiro xoves 21 de marzo.
Sentimos o contratempo e agardamos que o tempo mellore .

A esgrima

E chegou un momento desexado por moitos: 
Practicar esgrima

Posición de guardia

Coñeceremos o básico deste deporte a través das nosas espadas feitas con papel de periódico. 
Mais se alguén quere saber máis, as armas utilizadas son: 
florete, espada e sable. 
Segundo a que utilicemos, poderáse dar nunha zona do corpo ou non como mostra a seguinte imaxe.



E podedes ver o vídeo dun osiño moi deportista que está a practicar a esgrima clicando no seu nome:  


lunes, 11 de marzo de 2013

Saber cómo caer

De todo o que estamos a ver nestas sesións de loita no terceiro ciclo, 
o que é moi importante e que nos servirá para a vida cotiá
 é saber caer.


Recordamos as caídas practicadas:

Recordade, rapaces, se caemos cara adiante a importancia de xirar a cara.


sábado, 9 de marzo de 2013

Saída pedagóxica á Coruña.


Saída pedagóxica á Coruña.

A próxima semana , concretamente o Mércores 13 de marzo  iremos á Coruña con dous fins:
O 1º é visitar a exposición " Human Bodies" no centro comercial Marineda City. Trátase dunha viaxe polo interior do corpo humano ao longo de oito salas seguindo os diferentes sistemas do corpo humano. Se queren mais información poden pinchar no seguinte enlace:  

En 2º lugar visitaremos os parques de S.Carlos  e de Méndez Núñez para observar directamente as árbores e as plantas ( tipos, especies, distintos tipos de plantación etc )

Esperemos que non chova!

viernes, 8 de marzo de 2013

Día da muller traballadora

8 DE MARZO
DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe conmemórase o día da muller traballadora, a loita pola súa participación, en pé pola igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

No seguinte vídeo vemos exemplos dalgunhas mulleres importantes na historia:

E eiquí pódese ver e escoitar un conto que ven moi ben:  Rosa Caramelo





jueves, 7 de marzo de 2013

A alimentación


Despois do Antroido empezamos a traballar a alimentación e ocurreusenos facer un libro de cociña con receitas recollidas polos nenos/as.
Neste punto tivemos que concretar un pouco máis dada a súa amplitude e deixámolo en " A cociña de Outono" ( con productos típicos desta estación). Por certo moitas grazas  polas receitas que nos están chegando.
Tamén estamos traballando nunha pirámide de alimentos e en plástica fixemos un bodegón con froitas.
Mirade que bonito quedou





miércoles, 6 de marzo de 2013

Proxecto integrado: o corpo humano

PROXECTO INTEGRADO:  O CORPO HUMANO.

Partindo da noticia : " Exposición  " Human Bodies" en el centro comercial Marineda City " publicada por  El Correo Gallego  o 29 /01/2013 empezamos a traballar neste proxecto.
O 1º paso foi comentar o contido e as fotos da exposición e falar sobre o corpo humano. Pareceunos interesante , así que intentaremos facer unha visita pedagóxica a dita exposición para vela "in situ".
O 2º paso foi facer un esquema do proxecto , que dividimos en tres grandes grupos: 1º grupo:
Función de Nutrición, 2º grupo: Función de relación e 3º grupo: Función de reproducción.
Empezamos pola función de Nutrición. Dividimos a clase en catro grupos que se encargarán dos seguintes temas: Aparato dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

                      Pois mans á obra!

Primeiro os grupos recollen información  utilizando os libros da biblioteca, libros da casa, internet ... Para que sexa máis fácil van cubrindo as preguntas dunha unidade didáctica de cada aparato.

Aquí os temos concentrados: