sábado, 26 de enero de 2013

Carreira 25 de xaneiro

O 25 de xaneiro tiñamos a cita da carreira de Campo a Través en Pobra do Caramiñal. 
Ao final, dos tres representantes de primaria, soamente foron dous: Paula Paredes e Álex Fernández.

Esperando que chegara o turno de participar



A primeira en participar foi Paula:



                                     
















Fixádevos como quedou do barro


Logo tocoulle o turno a Álex:


















Realmente o fixeron moi ben, a pesares das condicións climatolóxicas e do chan.
Moi ben chicos!!!



Fumos ver "El Hobbit"

Ás 15:00 h. xa estabamos todos impacientes para que chegara o autobús. 
Cando chegamos ao Centro Comercial dirixímonos ao cine. 
Antes de entrar mercáronse augas, flocos de millo, chuches... e xa listos, entramos na sala. 
Estivemos nós sós toda a película. 
A pesar de durar tanto, en liñas xerais, non resultou pesada e xa moitos teñen ganas de saber que pasa despois. 

Agora temos que seguir coa lectura do libro, e poderemos comentar as diferenzas coa película.


Despois de saír do cine.

jueves, 24 de enero de 2013

Poesía para o día da PAZ


Os nenos do primeiro ciclo queremos compartir con vos esta poesía que vamos a recitar o próximo mércores día 30 no que celebraremos o día da PAZ.
               
             

LA PAZ
PALOMITA BLANCA
QUE SURCAS EL CIELO,
¿DÓNDE ESTÁ LA PAZ
QUE TANTO QUEREMOS?
ESTÁ CUANDO DAMOS
AMOR Y CARIÑO
A JÓVENES, ANCIANOS,
TAMBIÉN A LOS NIÑOS.
LA PAZ ES QUERER
TENER SIEMPRE AMIGOS.
SER MALO Y PELEARSE
NO TIENE SENTIDO.
POR ESO SABEMOS
QUE CON NUESTRAS MANOS
HAY QUE CONSTRUIR
LA PAZ QUE BUSCAMOS.

miércoles, 23 de enero de 2013

Saída ao cine


O venres 25 de xaneiro os nenos e nenas do club
 teñen a oportunidade de ir co colexio
 a ver "El Hobbit" ao cine de Santiago (Centro Comercial As Cancelas). 

Sairemos ás 15:00 h e voltaremos ao colexio arredor das 20:00 h.



 Como aperitivo, deixo o tráiler da película.


martes, 22 de enero de 2013

Pinocho (audio cuento)

    
    Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo 
    este mércores no recreo do comedor 
    veremos a película de Pinocho,
    así empezaremos a divertirnos
    coas aventuras deste pequeno muñeco
    e dos seus amigos.Como mostra
 deixamosvos este video:


lunes, 21 de enero de 2013

Resultados da carreira de campo a través


Xa por fin temos os resultados 
da carreira de campo a través 
celebrada en decembro en Negreira !!!

Aquí están os resultados acadados polos alumnos e alumnas de primaria en cadansúa categoría:


NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA (POR ORDE ALFABÉTICA)

Nicolás Andújar Negreira: 56º
Laurentino Arnejo Forján: 29º
Christian Fernández Barbazán: 30º
Sara Lougzili: 17º
Adrián Manteiga Becerra: 45º
Carla Montoiro Suárez: 91º
Erika Otero Vázquez: 36º
Paula Paredes López: 2º (clasificada para a carreira comarcal do 25 de xaneiro)
Andrés Seoane Cancela: 32º
Antonio Velo Rey: 111º


NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA (POR ORDE ALFABÉTICA)

Leonardo Arca Linares: 97º
Zaira Blanco Rial: 38º
Natalia Capeáns García: 43º
Lucía Corral Cobas: 82º
Álex Fernández Corzón: 7º (clasificado para a carreira comarcal do 25 de xaneiro)
Youness Hlalak: 45º
Laura Pazos Barreiro: 79º
Aisha Rey Lourido: 65º
Sergio Rodríguez Noya: 109º
Fernando Santiago Romero: 69º
Álvaro Vigo Cisneros: 37º

NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA (POR ORDE ALFABÉTICA)

Brais Calvelo Quintáns: 114º
Alejandra Castro Parente: 9º (clasificada para a carreira comarcal do 25 de xaneiro)
Adrián Forján García: 16º
Francisco Salvande Pena: 51º
Cristian Vilas Pensado: 65º
Ignacio Salvador Villar García: 46º


Polo que de Educación Primaria temos tres representantes na seguinte fase (se celebrará o 25 de xaneiro en principio en A Pobra do Caramiñal):
Álex Fernández 
Alejandra Castro
Paula Paredes






jueves, 17 de enero de 2013

O Club da Fantasía vai comezar


                 Para a semana comezará a andaina de O club da fantasía cos nenos e nenas do terceiro ciclo inscritos. 
Os libros, películas, manualidades... e sobre todo o universo fantástico están a agardar.
 Non queda nada. 
Comezará o mércores día 23 de xaneiro na hora do recreo (11:45).


Temos unha pequena colección do libro O Hobbit en varios idiomas. 
(Por certo ese vai ser o noso libro de lectura):
  Galego, castelán, portugués, checo, croata, catalán, búlgaro, inglés, italiano e francés

Charla sobre os riscos de Internet


              O 16 de xaneiro, levando a cabo o III Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar, viu a visitar aos alumnos de 3º ciclo de primaria e educación secundaria un garda civil para falar sobre os riscos de Internet. Foi unha hora moi interesante onde descubriron e aprenderon aspectos relacionados co tema que descoñecían.

















Próximamente volverán a visitarnos:
6 de febreiro- Charla sobre o acoso escolar
20 de febreiro- Charla sobre droga e alcool (só aos da ESO)