lunes, 31 de diciembre de 2012

Concurso postais de Nadal

Os días antes das vacacións de Nadal, os nenos e nenas de primaria estivemos facendo unhas postais para participar nun concurso promovido dende a clase de Educación Física coa axuda dos titores de 1º, 2º e 4º. Dito concurso era feito polo equipo de Baloncesto Blusens Monbus Obradoiro de Santiago de Compostela. Fixemos uns debuxos moi bonitos, mais non gañamos. Iso sí, quedamos segundos en número de debuxos presentados por un cole!

Tódolos debuxos foron expostos este sábado (xa que había un partido) e seguramente tamén estarán expostos este domingo (tamén hai partido).

Así están expostos, no chan. Podíase pasar sobre eles, xa que están protexidos.

E velaiquí a nosa mostra de debuxos:








No hay comentarios:

Publicar un comentario