miércoles, 19 de diciembre de 2012

A historia de Brancaflor

O venres día 14 de decembro tivemos a visita dun integrante do grupo "Os sete magníficos máis un" e encantounos co seu máxico relato de Brancaflor.
Pasamos unha hora moi entretida.
Foi un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos. A través da maxia e do clown coñecimos a lenda de Brancaflor: Xoán  intentará resolver a través de rutinas máxicas e da nosa cooperación todos os impedimentos e probas que se lle presentan a el e a Brancaflor durante a trama da historia.
Temos aquí algúns exemplos da nosa colaboración e do entretidos que estivemos co relato








 



No hay comentarios:

Publicar un comentario