Xa chegamos ao último día do curso e con el á festa de fin de curso, que os nenos e nenas prepararon con moito agarimo.
As presentadoras do evento foron Zaira e Alba
Interpretación do conto "A que sabe a Lúa " por parte dos nenos de Infantil 3 anos
Estes son os rapaces do primeiro ciclo interpretando un poupurri das cancións dos pallasos da tele

Seguimos cos rapaces de 4º

Estes son os nenos de 5º que nos interpretaron unha versión moi orixinal da Saia da Carolina

Rematamos estas maravillosas actuacións cos rapaces de 4º

Agora a recuperar forzas cunha boa merenda!

Para o próximo ano máis e mellor . Boas vacacións!