O derradeiro día antes das vacacións de Nadal foi moi especial.
Os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria tivemos moitas sorpresas e pasámolo moi ben.
Primeiro fumos ver unha película: Brave. E encantounos. Así de atentos estivemos:
Logo tomamos un chocolate quentiño feito con moito agarimo polas nosas cociñeiras do comedor, acompañado dunha saborosa rosca.
Despois dun tempiño de lecer no patio, fumos ao salón de actos onde nos atopamos cunha visita moi especial: Os Reis Magos de Oriente. Pero non foi esa toda a sorpresa, xa que estaban a grabar as cámaras da TVG.
 |
Esperando a chegada dos Reis |
Saímos na tele!!!
Se queredes ver o post da
Revista onde saímos pincha
aquí. É a partires do minuto 35:35
 |
E por fin chegaron os tres Reis Magos. |
Coas cartas nas mans estivemos moi atentos ás palabras das súas maxestades.
Por fin, puidemos falar con eles e entregarlles as cartas coas nosas peticións:
 |
Laura |
 |
Mateo |
 |
Javier |
 |
Sofiane |
 |
Carla |
 |
Xián |
 |
Hugo |
 |
Pablo |
 |
María |
 |
Ana |
 |
Raúl |
 |
Nico |
 |
Celia |
 |
María |
 |
Noelia |
 |
Pablo |
 |
Paula |
 |
Rodrigo |
 |
Miguel |
 |
Yago |
 |
Nerea |
 |
Samuel |
E aínda que Álvaro non estaba, seguro que os Reis Magos conseguiron facerse coa súa carta.
Ademais nos deron caramelos e piruletas.
 |
Adeus, o día 5 de xaneiro vos agardaremos!!! |
Por último, xa na aula, os nenos e nenas de 1º e 2º de ESO nos contaron uns relatos feitos por eles mesmos.
Escoitamos con moita atención
Só queda dicir que foi un día estupendo.
FELICES FESTAS!