viernes, 6 de junio de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

Nesta sesión estivemos analizando un cartel: "Recomendacións para unha vida saudable". Lemos as recomendacións, miramos as imaxes e extraemos a mensaxe que nos quere transmitir.

Divididos en tres grupos decidimos elaborar nós un cartel co lema: "Cinco ao día".  Primeiro debíamos investigar o significado do lema consultando o libro ¿Comida basura? No, gracias.

Os pasos a seguir eran:
  1. Buscar o libro na páxina da biblioteca e copiar a etiqueta.
  2. Localizar o libro no andel.
  3. Averiguar que queren decir con        " Cinco ao día".
  4. Chegamos á conclusión de que quere decir 5 racións de froita e verdura ao día. Só nos quedaba elaborar o cartel.                             
Estes son os carteis que fixemos:                                                           


No hay comentarios:

Publicar un comentario