miércoles, 11 de junio de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

Na clase de plástica estivemos vendo  bodegóns de alimentos de distintos pintores. Eleximos as obras de dous autores: Frida Khalo e Paul Cézanne.
En 1º lugar investigamos sobre os autores  nas enciclopedias e nos atlas. Localizamos  e informámonos sobre os seus países de orixe, mesmo buscamos o significado dos seus nomes.
A continuación coa axuda dunha ficha analizamos a súa obra.
Esta son as fichas que fixemos sobre Frida Khalo:





Como podedes ver, incluso fixemos unha reproducción do seu cadro "Sandías".

Coa obra de Paul Cézanne seguimos a mesma metodoloxía e como tarefa final fixemos unha interpretación propia do cadro: "Bodegón con manzanas y una maceta de prímulas", reproducción tan propia que incluso lle cambiamos a orientación e fixemos o bodegón en vertical. Así foi como quedaron:




















No hay comentarios:

Publicar un comentario